CANTO SABES SOBRE OS PREMIOS NOBEL IV
Continúo coa serie adicada aos Premios Nobel, instaurados por Alfred B. Nobel, no que estou pondo a proba os teus coñecementos sobre istes premios.
A contestación correcta á pregunta de onte é 4. As persoas que foron galardoadas dúas veces con este prestixioso premio foron: Marie Curie (Nobel de Física en 1903 e Nobel de Química en 1911), Linus Pauling (Nobel de Química en 1954 e Nobel da Paz en 1962), John Bardeen (Nobel de Física en 1956 e Nobel de Física en 1972), Frederick Sanger (Nobel de Química en 1958 e Nobel de Química en 1980).
E Imos coa pregunta de hoxe!
4. É certo que Adolf Hitler foi nominado para o Premio Nobel da Paz?
- Verdadeiro
- Falso
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gal.wikipedia.org
0 comentarios