CANTO SABES DE ARXENTINA? II
Continúo coa serie, que onte comezamos, adicada a Arxentina, oficialmente denominada República Arxentina, un país soberano de América do Sur, situado no extremo sur e sueste de devandito subcontinente, e ao que nos une moitos lazos, como ser considerada a quinta provincia galega pola emigración dos galegos a ise país.
A contestación correcta á pregunta de onte é Todos os anteriores. O seu territorio continental americano limita ao norte con Bolivia e Paraguai, ao nordés co Brasil, ao oeste e sur con Chile e ao leste co Uruguai e o océano Atlántico. Con todo a Arxentina reclama as Malvinas, as Illas Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur e a Illa Aurora baixo soberanía británica e unha área antártica ao sur do paralelo 60° S, denominada pola Arxentina Antártida Arxentina.
E imos coa pregunta de hoxe!
2. Cal é a extensión aproximada de Arxentina?
- 2.500.000 km2
- 2.700.000 km2
- 3.000.000 km2
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: epicentrogeografico.com
0 comentarios