CANTO SABES DE LUXEMBURGO? VI
Continúo coa serie adicada a Luxemburgo, oficialmente Gran Ducado de Luxemburgo, un pequeño país sen litoral marítimo de Europa occidental que debido a súa situación física, estabilidade política, poboación plurilingüe e os incentivos fiscais convertérono nun importante centro financeiro.
A contestación correcta á pregunta de onte é Monarquía constitucional. O Gran Ducado de Luxemburgo é unha monarquía constitucional. Baixo a constitución de 1868, os poderes executivos recaen sobre o gran duque e o seu gabinete, que consta de varios ministros dirixidos por un primeiro ministro. O gran duque ten o poder de disolver o parlamento e convocar eleccións para elixir un novo. O poder lexislativo reside na Cámara dos Deputados, elixidos por sufraxio directo cada cinco anos. Unha segunda cámara, o Consello de Estado (Conseil d’État), composto de 21 cidadáns correntes designados polo gran duque, asesoran á Cámara dos Deputados na elaboración da lexislación.
E imos coa pregunta de hoxe!
6. Administrativamente Luxemburgo esta dividida en…
- 2 distritos e 6 cantóns
- 3 distritos e 12 cantóns
- 4 distritos e 12 cantóns
Mañá a solución e una nova pregunta!
FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org
0 comentarios