Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE OS DESERTOS? III

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE OS DESERTOS, ises biomas de clima árido, onde as precipitacións son escasas e onde, en contra da crenza xeral, son hábitats biolóxicamente ricos que albergan unha ampla variedade de flora e fauna adaptadas ás súas condicións de vida extremas, onde viven máis dun millón de persoas, que representan a sexta parte da poboación da Terra.

A contestación correcta á pregunta de onte é Antártico (13.829.430 km²). É difícil concibir que o deserto máis grande do mundo sexa a Antártida. Con todo, o “continente xeado” é o territorio máis frío, seco e ventoso de todos os que configuran na Terra. Na Antártida apenas chove, a pluviosidade na altiplanicie interior rolda os 50 mm ao ano, mentres que na costa caen uns 200 mm de auga. O 98% da súa superficie de chan rochoso está cuberto por xeo, polo que a vida nesta inhóspita rexión redúcese a algunhas bacterias, brións e liques. A fauna antártica prolifera nas zonas costeiras onde habitan pingüíns, focas, leóns mariños, gaivotas petreis e corvos mariños, entre outras especies.

E imos coa pregunta para hoxe!

3. Que tamaño ten o Sáhara?

- Como 6 veces España

- Como 12 veces España

- Como 18 veces España

- Como 24 veces España

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal elagoradiario.com e cadenaser.com         Imaxe: geoenciclopedia.com

0 comentarios