CANTO SABES DE CABO VERDE? XII
Continúo coa serie adicada a Cabo Verde é un país situado nun arquipélago volcánico fronte á costa noroeste de África. Famoso pola súa cultura criolla portuguesa-africana, a música morna tradicional e as súas numerosas praias fan deste país un lugar fermosísimo
A contestación correcta á pregunta de onte é República Semipresidencialista. Cabo Verde é unha república semipresidencialista estable con separación de poderes que adopta a democracia representativa como forma de goberno. O presidente da República é o xefe de Estado, elixido por voto popular para un mandato de cinco anos con posibilidade dunha soa reelección. O presidente debe ser elixido por maioría absoluta de votos e, se ningún candidato obtén máis do 50 % dos sufraxios en primeira volta, realízase unha segunda volta electoral entre os dous candidatos máis votados. O poder executivo está dividido entre o presidente e o primeiro ministro, que é o xefe de Goberno designado polo presidente e aprobado polo lexislativo. O poder lexislativo é unicameral e consiste nunha Asemblea Nacional elixida directamente mediante representación proporcional por listas para un mandato de cinco anos. O poder xudicial consiste nunha Corte Suprema de Xustiza, cuxos membros son designados polo presidente, a Asemblea Nacional e a Xunta da Magistratura, e os tribunais rexionais.
E imos coa pregunta de hoxe:
12. Cantos concellos ten Cabo Verde?
- 12
- 18
- 22
- 30
Mañá a solución e una nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: es.wikipedia.org e ar.pinterest.com
0 comentarios