O ENIGMA DE EINSTEIN
Non hai nada como unha proba de agudeza visual ou un problema matemático difícil de resolver para conseguir atrapar a atención de todo o mundo. Un dos retos que desafía á túa mente é o coñecido como "o enigma de Albert Einstein". Este desafío foi citado pola prestixiosa Universidade de Stanford e suponse que só o 2% da poboación é capaz de resolvelo.
Que di o enigma?
Na formulación danse 15 pistas sobre unha rúa na que hai cinco casas. Cada unha dunha cor, cada inquilino dunha nacionalidade, cunha mascota, unha bebida e unha marca de tabaco distintos. E resolvelo consiste en pescudar quen é o dono do peixe, sabendo que:
1.- O británico vive na casa vermella
2.- O sueco ten un can
3.- O danés bebe té
4.- O noruegués vive na primeira casa
5.- O alemán fuma Prince
6.- A casa verde está xusto á esquerda da branca
7.- Na casa verde bébese café
8.- Quen fuma Pall Mall ten paxaros
9.- Na casa amarela fúmase Dunhill
10.- Na casa do centro bébese leite
11.- Quen fuma Blends vive á beira de quen ten un gato
12.- Quen ten un cabalo vive á beira de quen fuma Dunhill
13.- Quen fuma Bluemaster bebe cervexa
14.- Quen fuma Blends vive á beira de quen bebe auga
15.- O noruegués vive á beira da casa azul
Anímaste a resolvelo? Si, pois douche un método: unha táboa!
Mañá a solución!
FONTE: quo.eldiario.es/ciencia e elconfidelcial.com
0 comentarios