Blogia
vgomez

CANTO SABES DE ARXENTINA? XI

Continúo coa serie adicada a Arxentina, oficialmente denominada República Arxentina, un país soberano de América do Sur, situado no extremo sur e sueste de devandito subcontinente, e ao que nos une moitos lazos, como ser considerada a quinta provincia galega pola emigración dos galegos a ise país.

A contestación correcta á pregunta de onte é Iguazú. As Cataratas do Iguazú localízanse 80% no Parque Nacional Iguazú (Arxentina) e 20% no Parque Nacional do Iguazú, (Brasil). O Parque creouse en 1939 co propósito de administrar e protexer o manancial de auga que representa esta catarata e o conxunto ambiental que hai ao seu arredor. Como o propio nome xa di, as cataratas están formadas polas augas do río Iguazú. Historicamente, as Cataratas do Iguazú foron descubertas en 1542 por Álvar Núñez Cabeza de Vaca.

 

E imos coa pregunta de hoxe!

11. A que fai referencia o nome de Arxentina?

Pista: Fíxate ben na referencia latina.

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: gl.wikipedia.org   Imaxes: atrapalo.com e es.wikipedia.org

0 comentarios