Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE OS RÍOS? XIX

Continúo coa serie Canto sabes sobre os ríos, na que a través de preguntas refrescaremos os coñecementos sobre os ríos do mundo e de España, que aprendemos en xeografía.

A contestación correcta á pregunta de onte é Severn. É o río máis longo de Gran Bretaña con 354 quilómetros de lonxitude. Nace a 610 msnm no monte galés de Plynlimon, no condado de Ceredigion. Corre por catro pobos do condado Powys: Llanidloes, Caersws, Newtown e Welshpool antes de entrar en Inglaterra. Brevemente, o Severn é a fronteira entre Gales e o condado inglés de Shropshire. Atravesa a capital de Shropshire, Shrewsbury, e logo a vila de Telford, onde se atopa a primeira ponte de ferro fundido, o Ironbridge. Máis ao sur o Severn pasa por Bridgnorth antes de entrar no condado de Worcestershire. No norte de Worcestershire a vila de Stourport on Severn leva o seu nome. Tras Stourport o río pasa pola capital do condado, Worcester e dá o seu nome á pequena localidade de Upton on Severn. Cando entra no condado de Gloucestershire, pasa a carón de Tewkesbury, e despois pola capital condal Gloucester. O Severn desemboca na canle de Bristol a través do seu estuario no suroeste de Inglaterra.

E imos coa pregunta de hoxe!

19. Onde nace o río Douro?

- Picos de Europa (Asturias)

- Pico Tres Mares (Cantabria)

- Picos de Urbión (Soria-Castela e León)

- Porto (Portugal)

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal fundacionaquae.org, viajes.nationalgeographic.com.es e gl.wikipedia.org

0 comentarios