CANTO SABES DE ARXENTINA? XVII
Continúo coa serie adicada a Arxentina, oficialmente denominada República Arxentina, un país soberano de América do Sur, situado no extremo sur e sueste de devandito subcontinente, e ao que nos une moitos lazos, como ser considerada a quinta provincia galega pola emigración dos galegos a ise país.
A contestación correcta á pregunta de onte é Millo. Os cultivos de maior importancia en Arxentina son a soia, o millo e o trigo; Arxentina é terceiro produtor mundial de soia, quinto de millo e decimo de trigo. No plano exportador posiciónase primeiro de aceite e fariña de soia.
E imos coa pregunta de hoxe!
17. O fútbol en Arxentina é o deporte máis popular e o país é recoñecido como «futbolizado» porque forma parte da súa identidade nacional. É considerada como unha das grandes potencias do fútbol masculino internacional, sendo, a nivel de seleccións maiores, o país con máis títulos oficiais gañados da historia (22) e tamén con máis subcampeonatos (21). A nivel interno hai unha pelexa de 5 equipos pola liga: Defensa e Xustiza, Lanús, River Plate, San Lourenzo e Racing.
Cal é o equipo que encabeza a día de hoxe o campionato?
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: veterinariadigital.com e es.wikipedia.org
0 comentarios