Blogia
vgomez

SABÍAS QUE... ECLIPSE MIXTA

As eclipses híbridas ou “mixtas” son eclipses que se caracterizan por escurecer o ceo durante unhas horas cunha eclipse parcial que despois pasa a ser anular (debuxando un “anel de lume”) e finalmente total, cando a Lúa tapa por completo o Sol

Mañá, 20 de abril, producirase unha eclipse de Sol deste tipo, neste caso particular comezará como anular, cambiará a total e volverá ser anular pouco antes de rematar. Das 223 eclipses solares previstos este século, só 7 son mixtas, o que supón unha media dunha cada 14 anos.

 

A eclipse mixta é un dos eventos astronómicos máis inusuais / Getty Images

 

A eclipse parcial iniciarase á 1.34 hora UTC no océano Índico e rematará ás 06.59 no océano Pacífico. A duración total do fenómeno será de 325 minutos (algo menos de 5 horas e media).

A eclipse mixta iniciarase ás 2 horas e 37 minutos nun punto do océano Índico ao leste das illas Kerguelen nas Terras Austrais e Antárticas Francesas. Atravesará o océano Índico de suroeste a nordés, tocando terra en Australia Occidental, Timor Oriental e Indonesia. Finalizará ás 5 horas e 57 minutos no océano Pacífico.


Traxectoria da eclipse solar mixta do 20 de abril de 2023 / OAN

O máximo da eclipse mixta darase ás 4 horas e 17 minutos ao sueste de Timor Oriental. A magnitude máxima será 1,01 e a súa duración máxima 1 minuto 16 segundos.

Unha pena non poder velo!

FONTE: elmundo.es/ciencia     

0 comentarios