ENCRUCILLADO CXXVII
VERTICAIS: 1. Nome da illa, coñecida no pasado como Formosa, que se atopa fronte as costas da China continental 2. Illote desabitado español en disputa por parte de Marrocos 3. Peixe da familia dos ofídidos de corpo angüiliforme, aletas dorsais e anais continuas, cor rosada no dorso e azulada ou branca nos costados, con dúas aletas baixo a boca que semellan barbas e de nome científico Ophidion barbatum 4. Pé dalgúns animais, provisto de unllas fortes, curvadas e aguzadas, dispostas para apresar e esgazar 8. Segundo río máis caudaloso do mundo, despois do Amazonas.
HORIZONTAIS: 5. Capacidade dos seres humanos para adaptarse positivamente ás situacións adversas 6. Capital de Bangladés 7. Instrumento de vento provisto de pistóns, que consta dun tubo cónico curvado en varias voltas e unha embocadura, e que emite as notas máis baixas, equivalentes ás do contrabaixo 9. Planta herbácea anual da familia das umbelíferas, de follas e talo glabro, flores brancas en umbelas de catro a oito raios e froito redondo, con sementes aromáticas e de nome científico Coriandrum sativum.
0 comentarios