Blogia
vgomez

A METÁFORA DA PEDRA DE OURO E O COLAPSO

Licenciado en Física e Matemáticas e doutor en Física Teórica, Antonio Turiel traballa como Investigador Científico no Instituto de Ciencias do Mar do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). Desde hai máis de dúas décadas especializouse no esgotamento dos recursos naturais e dos combustibles fósiles e as consecuencias de escaseza de certas materias primas na futura organización socioeconómica da sociedade.

A través do seu blog The Oil Crash, Turiel comparte o seu coñecemento e reflexións sobre os retos da transición enerxética, os límites do modelo de enerxía renovable eléctrica industrial e a imposibilidade dun desenvolvemento baseado no crecemento infinito nun planeta de recursos finitos, ideas que ampliou nos libros ’Petrocalipsis’ e ’Sen enerxía’. "As renovables poden producir moitísima enerxía, e eu creo que ademais son a clave do futuro enerxético, tanto pola loita contra o cambio climático como pola adaptación ao descenso enerxético. O que pasa é que as enerxías renovables teñen as súas limitacións. Non son todopoderosas, non o poden facer todo. Aínda que certamente van cubrir unha parte importante do noso consumo enerxético, van facer falta facer máis cousas que simplemente poñer sistemas renovables", conclúe o autor.

0 comentarios