PERSEVERANZA
O termo ‘perseveranza’ procede, etimolóxicamente, da palabra latina perseverantia que significa constancia, tesón ou firmeza. Considérase que alguén é perseverante cando insiste con decisión no cumprimento duns obxectivos, moitas veces impostos por un mesmo. Perseverante é ese neno que termina de construír a súa nave espacial sen deixala a medio pintar, esa deportista que supera o seu tempo récord ou calquera persoa que se empeñe en chegar a unha meta custe o que custe e sen importar cantas veces caia. ‘Se caes sete veces, levántate oito’.
Reflexionemos sobre este termo a traves de frases pronunciadas por diferentes personaxes da historia:
A primeira é do escritor e filósofo español Miguel de Unamuno (1864-1936): “O modo de dar unha vez no cravo é dar cen veces na ferradura”
A segunda é do entrenador de futbol americano Vicen Lombardi (1913-1970) "A diferenza entre unha persoa exitosa e outros non é unha falta de fortaleza, nin unha falta de coñecemento, senón máis ben unha falta de vontade"
A terceira é o músico e compositor alemán Beethoven (1770-1827): “A marca esencial que distingue a un home digno de chamarse así, é a perseveranza nas situacións adversas e difíciles”
A cuarta é do escritor e periodista francés Henry Barbusse (1873-1935): “É tentando o imposible como se realiza o posible”
A quinta é do avogado, activista contra o apartheid e político Nelson Mandela (1918-2013): “Despois de escalar unha montaña moi alta, descubrimos que hai moitas outras montañas por escalar”
A sexta e última é do médico, político, militar, estadista, filósofo e ideólogo chino Sun Yat-sen (1866-1915): "A clave do éxito é a acción, e o esencial na acción é a perseveranza"
Sexamos pois, perseverantes!
FONTE: Idea orixinal Sarah Romero/muyinteresante.com Imaxe: familybanker.it/blog
0 comentarios