CANTO SABES DE ALEMAÑA? III
Continúo coa serie sobre Alemaña, ese país situado no corazón de Europa, membro da Unión Europea e o motor da economía e a industria do vello continente.
A contestación correcta á pregunta de onte é Berlín. Situada no noreste do país, é a capital e cidade máis poboada, con 3,8 millóns de habitantes.
E imos coa pregunta de hoxe!
3. Cal é, aproximadamente, a poboación de Alemaña?
- 64 millóns
- 74 millóns
- 84 millóns
- 94 millóns
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org e exteriores.gob.es Imaxe: es.wikipedia.org e guiadealemania.com
0 comentarios