ENCRUCILLADO CXXXIII
VERTICAIS: 1. Enfermidade que se caracteriza por unha elevación na presión interna do ollo o que provoca un dano nas fibras do nervio óptico 2. Azul verdoso, cor substractiva complementaria do maxenta 5. Felino de gran tamaño propio de América, coa cabeza pequena e ancha, patas fortes, rabo longo e groso, pelame de cor parda e de nome científico Puma concolor 6. Planta da familia das umbelíferas de talo delgado, follas fendidas en tiras finas coma fíos e flores amarelas en umbela, de cheiro agradable e gusto doce, moi abundante en Galicia e utilizada en medicina, como condimento, que forma parte das herbas do San Xoán para evitar o mal de ollo e de nome científico Foeniculum vulgare 7. Madeiro groso e longo que se coloca horizontalmente para soster o piso ou o teito dun edificio.
HORIZONTAIS: 3. Capital de Vietnam 4. Símbolo do elemento químico gasoso, pertencente ao grupo dos halóxenos, de cor entre verde e amarela, tóxico e de cheiro moi forte 8. Concello da provincia de Pontevedra, cuxo nombre proven do río que o atravesa 9. Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo 10. Tirar a auga ou o aceite sobrante dunha comida.
0 comentarios