Blogia
vgomez

UN LIBRO PARA O VERÁN: "COA MAN ESQUERDA"

 

Xabier Quiroga Díaz (Saviñao-Lugo, 1961) é un dos meus escritores favoritos en lingua galega. Das moitas obras oublicadas lin O cabo do mundo (2009) e A casa do nazi (2017).

Este ano saiu o seu último traballo, Coa man esquerda, unha alfaia literaria basada nun feito real.

Sinopse: En Lisboa, fronte á foz do Texo, un escritor retirado recibe un sobre que contén unha nota e un cartafol cheo de follas atropeladamente manuscritas. Nelas, un vello moribundo que moraba nunha residencia de anciáns asolada pola pandemia conta os desacougantes sucesos que viviu sendo neno na súa casa afastada da aldea e que o marcaron para sempre. Esa especie de confesión ou legado do vello servirá para, ademais de liberarse dun pesado lastre, descubrir un segredo que o escritor non sabía de si mesmo.

Recoméndovolo!

0 comentarios