Blogia
vgomez

CANTO SABES DE ITALIA? X

Continúo coa serie adicada a Italia, país ubicado no centro do mar Mediterráneo, na Europa meridional, berce do renacemento europeo, o país da bota ten de todo e para todo o mundo.

A contestación correcta á pregunta de onte é Alpes, Gennargentu e Apeninos. A característica xeolóxica máis importante do país italiano son as tres cordilleiras que o percorren: os Alpes (que comparte con Francia e Suíza), os Apeninos, a columna vertebral da nación (incluída Sicilia), e a cordilleira de Gennargentu, común á illa italiana de Sardeña e á francesa de Córsega.

 

 E imos coa pregunta de hoxe!

10. Italia é unha zona de moitos volcáns. Dos seguintes cal é o maior?

- Stromboli

- Etna

- Vesubio

- Vulcano

- Ferdinandea

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE:  es.wikipedia.org e icarito.cl      Imaxes: imagenestotales.com e es.wikipedia.org

0 comentarios