CANTO SABES DE ITALIA? XIV
Continúo coa serie adicada a Italia, país ubicado no centro do mar Mediterráneo, na Europa meridional, berce do renacemento europeo, o país da bota ten de todo e para todo o mundo.
A contestación correcta á pregunta de onte é 0,49 km2. A Cidade do Vaticano ten unha extensión de 0,49 km² (49 hectáreas) e unha poboación, segundo a web oficial do Estado da Cidade do Vaticano, de 618, dos cales só 246 viven dentro das murallas, incluídos os 104 que son membros da Garda Suíza, polo que resulta un híbrido de cidade elevada ao rango de Estado independente, sendo ademais o máis pequeno do mundo. É tan pequeno que só a basílica de San Pedro é un 7 % da súa superficie; a basílica e a praza de San Pedro ocupan un 20 % do territorio, o que o converte no territorio independente máis urbanizado do mundo.
E imos coa pregunta de hoxe!
14. Xa dixemos que Italía é unha República, pero tamén históricamente foi nalgúns momentos un Reino. En que etapa sucedeu?
- 1796-1815
- 1815-1861
- 1861-1946
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: vaticanstate.va e es.wikipedia.org Imaxes: viajamdoporelmundomundial.com e elmundo.es
0 comentarios