CANTO SABES DA GRAN BRETAÑA? XI
Continúo coa serie adicada a Gran Bretaña, a illa situada no océano Atlántico Norte fronte á costa noroeste da Europa continental, sendo a maior illa de Europa, é a terceira máis poboada do planeta.
A contestación correcta á pregunta de onte é Lomond. Iste lago ou loch, está situado 23 a quilómetros ao norte de Glasgow. As súas dimensións son de 39 quilómetros de longo e entre 0,8 e 1,2 de ancho. Abrangue unha superficie de 71 quilómetros cadrados e posúe unha profundidade media de 37 metros, chegando a acadar os 190. É o maio lago de auga doce en superficie, aínda que o famoso lago Ness, o segundo máis extenso con 56 quilómetros cadrados, é o maior en volumen debido a súa gran profundidade máxima de 226 m.
E imos coa pregunta de hoxe!
11. Escocia tamén é terra de fiordos (estreita entrada costeira de mar formada pola inundación dun val escavado ou parcialmente tallado por acción de glaciares. A auga ao conxelarse crea fracturas, formando un val mergullado que presenta forma de U aínda que a parte inferior non é visible, xa que está baixo o nivel do mar). Cal é o mais grande?
- Clyde
- Forth
- Tay
- Moray
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: ingeoexpert.com e es.wikipedia.org
0 comentarios