Blogia
vgomez

CANTO SABES DE NEPAL? X

Continúo coa serie adicada a Nepal, que non só é o país das montañas maxestosas e os templos sacros. É tamén unha terra onde as tradicións milenarias seguen vivas en cada xesto cotián, en cada celebración, en cada palabra.

A contestación correcta á pregunta de onte é Karnali. O río Karnali (ou na India, río Ghaghra) é un longo río asiático que nace no Tíbet chinés e discorre por Nepal e India, un dos maiores afluentes do río Ganges. Ten unha lonxitude de 1.080 km e drena unha ampla conca de 127.950 km² (similar a países como Grecia ou Nicaragua). É o máis longo (507 km de lonxitude) e caudaloso dos río de Nepal.​ A súa profundidade varía entre os 3-10 m, pero nalgunhas crebadas profundas en época de crecida pode chegar a alcanzar os 50-100 m. 

E imos coa pregunta de hoxe!

10. As neves do Himalaya constitúen as fontes de auga de centos de ríos que flúen ao sur de Nepal e desembocan na India. O desxeo tamén alimenta centos de magníficos lagos por todo Nepal. Nepal conta con ao redor de 5.300 lagos, dos cales 2.300 son lagos glaciares. cal é o maior lago de Nepal?

- Gosainkunda

- Tilicho

- Rara

- Begnas

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org

0 comentarios