CANTO SABES DA GRAN BRETAÑA? XVIII
Continúo coa serie adicada a Gran Bretaña, a illa situada no océano Atlántico Norte fronte á costa noroeste da Europa continental, sendo a maior illa de Europa, é a terceira máis poboada do planeta.
A contestación correcta á pregunta de onte é Anglesey. Cunha superficie de 715 km² é, por extensión, a maior illa galesa. Situada non oeste de Gales, separada de terra firme polo estreito de Menai, dúas pontes conéctana co resto de Gales. Anglesey tamén é un condado que inclúe a illa Holy e outras.
E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!
18. Londres é a capital de Inglaterra e por extensión do Reino Unido (Gran Bretaña, formada por Inglaterra, Escocia e Gales, e Irlanda no Norte). Cal é o Primeiro Ministro do Reino Unido?
- 1
- 2
- 3
Mañá a solución e remate da serie!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: britainexpress.com e es.wikipedia.org
0 comentarios