Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE AS BOLBORETAS? III

Continúo coa serie adicada ás bolboretas, eses insectos de aspecto delicado, voo grácil e exuberantes cores.

A contestación correcta á pregunta de onte é Holometabolismo. Efectivamente, cando falamos de insectos que cambian de forma estamos a falar de metamorfose, a cal poden axustarse a dous modelos. O hemimetabolismo, tamén chamado metamorfose incompleta, presenta un proceso gradual no que as distintas etapas xuvenís do insecto son moi parecidas entre se e moi similares tamén aos adultos; un exemplo dáse nos saltamontes. O holometabolismo, pola contra, caracterízase por transformacións bruscas onde as larvas son considerablemente diferentes respecto a os adultos. É o caso das bolboretas.

Eclosión da pupa dunha bolboreta

E imos coa pregunta de hoxe!

3. Falando da metamorfose das bolboretas, diremos que esta desenvólvese en 4 fases diferentes. Sabes cal das que indicamos a continuación non é unha delas?

- Ovo

- Larva

- Ninfa

- Crisálide

- Adulta

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: nationalgeographic.com.es   Imaxe: ISTOCK

0 comentarios