Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE AS BOLBORETAS? IV

Continúo coa serie adicada ás bolboretas, eses insectos de aspecto delicado, voo grácil e exuberantes cores.

A contestación correcta á pregunta de onte é Ninfa. O ciclo de vida dunha bolboreta ten lugar en 4 fases: ovo, larva, crisálide ou pupa e adulta. A fases de ninfa, pola súa banda, adoita darse no hemimetabolismo: trátase dunha fase, ou fases sucesivas, nas que o insecto medra de tamaño mantendo as súas características e xeralmente mudando o exoesqueleto que os protexe.

Bolboreta cola de anduriña

E imos coa pregunta de hoxe!

4. As bolboretas, pois, son o produto final deste proceso de metamorfose, pero sabes con que nome coñécese á fase adulta destes e outros insectos?

- Imago

- Farado

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: nationalgeographic.com.es   Imaxe: ISTOCK

0 comentarios