CANTO SABES DE XAPÓN? XIII
Continúo coa serie adicada a Xapón, un dos países con máis personalidade do continente asiático, onde tradición e modernidade danse a man.
A contestación correcta á pregunta de onte é Monarquía constitucional. Xapón é unha monarquía constitucional cun parlamento bicameral, o Kokkai ou Dieta. O poder executivo exérceo un Gabinete, responsable ante a dieta e composto polo primeiro ministro e ministros de estado, debendo ser todos civís. O primeiro ministro debe ser un membro da Dieta e elixido pola mesma. Ten o poder de nomear e despedir aos ministros, dos que a maior parte debe consistir en membros do parlamento. A constitución atribúe a soberanía, que anteriormente recaía no emperador, ao pobo xaponés, quedando o emperador como símbolo do Estado.
E imos coa pregunta de hoxe!
13. Cal é a mayoría de idade en Xapón?
- 20 anos
- 19 anos
- 18 anos
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes:es.wikipedia.org e cnnespanol.cnn.com
0 comentarios