CANTO SABES DE AUSTRALIA? V
Continúo co aserie adicada a Australia, o país máis grande de Oceanía e o sexto máis grande do mundo.
A contestación correcta á pregunta de onte é 6 estados e 3 territorios continentais. A saber, 6 estados: Nova Gales do Sur, Queensland, Australia Meridional, Tasmania, Victoria e Australia Occidental; e tres territorios continentais: o Territorio da Capital Australiana (ACT), o Territorio do Norte e o Territorio da Bahía de Jervis (JBT). Na maioría dos aspectos, o Territorio da Capital Australiana e o Territorio do Norte funcionan como estados, salvo que o Parlamento da Mancomunidade ten potestade para modificar ou derrogar calquera lexislación aprobada polos parlamentos dos territorios.
E imos coa pregunta de hoxe!
5. Cal é a cidade mías poboada de Australia?
- Brisbane
- Canberra
- Melburne
- Adelaida
- Sydney
Mañá a solución e unha nova pregunta!
Fonte: es.wilipedia.org Imaxes: es.wilipedia.org e istockphoto.com/es
0 comentarios