Blogia
vgomez

CANTO SABES DE AUSTRALIA? X

Continúo coa serie adicada a Australia, o país máis grande de Oceanía e o sexto máis grande do mundo.

A contestación correcta á pregunta de onte é Urulu. Tamén chamado Ayers Rock (Rocha de Ayers), é unha formación rochosa composta por arenisca que se atopa no centro de Australia, no Territorio do Norte. Uluru é un lugar sacro para os aborígenes australianos e desde 1987 é Patrimonio da Humanidade. Xunto con Kata Tjuta é unha das maiores atraccións do parque nacional Uluru-Kata Tjuta sendo un dos maiores monólitos do mundo, con máis de 348 metros de alto, 9 quilómetros de contorno e 2,5 quilómetros baixo terra.

E imos coa pregunta de hoxe!

10. Os desertos en Australia suman 2,3 millóns de km²,​ e ocupan un 29,7 % do territorio continental: a maioría deles atópanse na rexión central e noroeste do país. Cal é o deserto máis grande?

- Gran deserto Areoso

- Deserto do Tanami

- Deserto de Gibson

- Gran deserto de Victoria

Mañá a solución e unha nova pregunta!

Fonte: es.wilipedia.org    Imaxes:  es.wikipedia.org

0 comentarios