Blogia
vgomez

NOBEL 2023: FISIOLOXÍA E MEDICINA

Katalín Karikó e Drew Weissman / premiosfronterasdelconocimiento.es

A Academia Sueca concedeu hoxe o premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina a Katalín Karikó (Szolnok-Hungría, 1955) e Drew Weissman (Lexington-EEUU, 1959) pola vacina da covid baseada en ARN mensaxeiro modificado (mARNm). A bioquímica húngara Katalin Karikó pasou 40 anos traballando na sombra e desenvolvendo avances claves para as inxeccións de Moderna e BioNTech. Drew Weissman traballou con Karikó e fixo posibles as terapias para partir do ARN mensaxeiro. As vacinas de Pfizer ou Moderna incorpórano e non existirían sen a súa visión.

Parabéns e grazas!

0 comentarios