CANTO SABES DE AUSTRALIA? XVII (FIN)
Remato coa serie adicada a Australia (Mancomunidade de Australia), o país máis grande de Oceanía e o sexto máis grande do mundo.
A contestación correcta á pregunta de onte, e última, é 1.901. Os aboríxenes provintes do Sueste Asiático foron os primeiros poboadores de Australia hai 40.000 anos. James Cook na súa expedición de 1768-70 tomou posesión do territorio en nome da Coroa británica. Entre 1787 e 1868 colonizouse con convictos e un século despois comezaron as ondas de inmigracións, coincidindo co descubrimento de xacementos auríferos.
A independencia de Australia foi un proceso graduado que comezou en 1901, cando seis colonias, que agora son estados, formaron a "Mancomunidade de Australia" e consolidouse co Estatuto de Westminster en 1931 e a Australia Act en 1986.
Os australianos decidiron nun referendo celebrado en 1999 que querían manter os vínculos coa Coroa británica.
E así remato a serie esperando que servise para coñecer mellor este gran país.
Ata a próxima serie!
Fonte: es.wilipedia.org Imaxe: es.wilipedia.org
0 comentarios