Blogia
vgomez

CURIOSIDADES DO CORPO HUMANO IV

Continúo coa serie, que onte comezamos, adicada as curiosidades soprendentes do noso corpo, que nos acompaña a diario, desde que nos levantamos ata que nos deitamos.

Se onte falamos dos músculos, hoxe falaremos dos pulmóns.

4. Temos un pulmón máis grande có outro

Os pulmóns e o aparello respiratorio permítennos respirar. Permiten a entrada de osíxeno nos nosos corpos (inspiración ou inhalación) e expulsan o dióxido de carbono (expiración ou exhalación). Este intercambio de osíxeno e dióxido de carbono recibe o nome de "respiración".

Datos:

- En repouso, o corpo dun adulto inhala e exhala uns 6 litros de aire por minuto.   

- O pulmón dereito é lixeiramente máis grande que o esquerdo.   

- Os pelos do nariz axudan a limpar o aire que respiramos, ademais de quentalo.   

- A velocidade máis alta rexistrada para un esbirro é de 165 km/h.   

- A área dos pulmóns ten aproximadamente o mesmo tamaño que unha cancha de tenis.   

- Os capilares dos pulmóns medirían 1.600 quilómetros se se colocasen un detrás do outro.   

- Perdemos medio litro de auga ao día a través da respiración. É o vapor de auga que vemos cando exhalamos aire sobre un cristal.   

- Unha persoa en repouso respira normalmente de 12 a 15 veces por minuto.   

- O ritmo da respiración é máis rápido nos nenos e nas mulleres, que nos homes.

FONTE: Mar Aguilar/Srah Romero/Pedro Gargantilla/muyinteresante.es e universum.unam.mx

Continuará...

0 comentarios