Blogia
vgomez

CANTO SABES DE BRASIL? IX

Continúo coa serie adicada a Brasil, o país máis grande de suramérica. Un país de contrastes, de xunglas de aceiro e selvas inexploradas, de favelas e rañaceos, de ondas salvaxes e centros históricos onde pasear é puro pracer, de picanha e caipirinha, de verde, azul e amarelo.

A contestación correcta á pregunta de onte é Tocantins. Aínda que non é un ramal do río Amazonas, considérase ás veces parte do seu sistema fluvial dado que as súas augas desembocan no océano Atlántico a moi poucos quilómetros ao leste das do Amazonas. Flúe por catro estados brasileiros (Goiás, Tocantins, Maranhão e Pará), sendo o seu principal afluente o río Araguaia. Cunha lonxitude de aproximadamente 2400 km, é o máis longo dos ríos que discorren exclusivamente por territorio brasileiro.

E imos coa pregunta de hoxe!

9. Cal é o punto máis alto de Brasil?

- Pico Bandeira

- Pico Phelps

- Pico Brétema

- Pico do Calçado

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org               Imaxes: es.wikipedia.org, portosenavios.com.br e altamontanha.com

0 comentarios