Blogia
vgomez

ENCRUCILLADO CXLIII

ENCRUCILLADO CXLIII

 

VERTICAIS: 1. Peixe de tamaño medio, corpo redondo e cor vermella con bandas transversais máis escuras, tamén coñecido como galiña de mar e de nome científico Helicolenus dactylopterus 3. Conxunto de cousas que se poden coller dunha vez coa man 4. O castelo de Coca é unha fortificación da localidade de Coca, contruída no século XV dentro do estilo gótico-mudéxar, pero en que provincia está? 6. Terreo que permaneceu conxelado durante polo menos dous anos e que está conformado por terra, rochas e sedimentos amalgamados nun todo polo xeo, o cal actúa como cemento 10. Arbusto da familia das buxáceas, de follas perennes, pequenas e brillantes, e de madeira moi dura que se emprega para facer culleres, cuncas, gaitas etc., e de nome científico Buxus sempervirens.

HORIZONTAIS: 2. Acrónimo de Harakat al-Muqáwama al-Islamiya, Movemento de Resistencia Islámica, unha organización político-relixiosa palestina que pretende a destrución de Israel e a creación dun estado islámico en Palestina 5. Elemento químico do grupo dos gases nobre que existe en moi pequena cantidade na atmosfera terrestre, que se emprega na fabricación de lámpadas, e de símbolo é Kr 7. Cidade sede do goberno e a capital de facto do Estado de Palestina, situada en Cisxordania, a 15 km ao noroeste de Xerusalén 8. Concello da provincia de Lugo, pertencente á Comarca da Mariña Central, bañado polo Mar Cantábrico polo norte e leste, cun porto, un dos máis importantes da costa galega, cunha gran frota pesqueira, destacando a pesca da pescada e do bonito 9. Explotación agrícola, de produción e consumo comunitarios, propia de Israel.

0 comentarios