Blogia
vgomez

ENCRUCILLADO CLXXXVI

VERTICAIS: 1. O segundo dedo da man, entre o polgar e o maior 3. Un dos ríos máis importantes de América do Sur (cuarto río suramericano maís longo con 2.140 km) que nace e discorre por Venezuela, nun tramo do seu percorrido fai de fronteira con Colombia  4. Elemento químico metálico de transición, nobre e duro, que se atopa na natureza en forma de cristais de cor gris azulada asociado ao iridio e ao platino, de símbolo Os 5. Aparello para bambearse por divertimento, formado por dúas cordas ou cadeas penduradas, cun asento a certa altura do chan 6. Planta de tubérculo pertencente á familia das primuláceas, que provén da zona mediterránea onde os invernos son bastante marcados e os veráns moi cálidos, tamén coñecida como artánita e pan de porco e de nome científico Cyclamen spp.

HORIZONTAIS: 2. Nome común das moedas oficiais da India, Paquistán, Sri Lanka, o Nepal, Mauricio, Seychelles, Indonesia e as Maldivas 7. Insecto de gran tamaño da orde dos coleópteros, de cor loura e negra que, no caso do macho, ten dúas mandíbulas semellantes a cornos en forma de arco 8. Lugar onde se cruzan dous ou máis camiños 9. Capital da República das Maldivas 10. Peixe mariño comestible da familia dos caránxidos, de corpo fusiforme e cor gris verdosa ou azulada polo lombo e gris prateada polos costados, que vive en mar aberto, case sempre lonxe da costa e de nome científico Trachurus trachurus.

0 comentarios