Blogia
vgomez

CANTO SABES DE CANADÁ? VI

Continúo coa serie adicada a Canadá, ese país con unha vasta extensión que o sitúan como o segundo país máis grande do mundo. Canadá é unha fusión entre diferentes culturas e tradicións ancestrais. Tamén conta cunha gran influencia do seu pasado como colonial británica e francesa.

A contestación correcta á pregunta de onte é Monarquía Federal Parlamentaria. Está gobernada como unha democracia parlamentaria e monarquía constitucional con Carlos III como xefe de Estado, non obstante o gobernador xeral, que actúa en representación do xefe de Estado, e os vicegobernadores, realizan a maioría de funcións cerimoniais do monarca. O parlamento está composto por unha Cámara dos Comúns electa polo pobo e un Senado designado. Cada membro do parlamento na Cámara dos Comúns é elixido por maioría simple nun distrito electoral ou o seu equivalente.

E imos coa pregunta de hoxe!

6. Tal como dixemos Canadá ten unha organización territorial federal. Como está formada?

- 8 provincias e 3 teritorios

- 10 provincias

- 10 provincias e 3 teritorios

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org    Imaxes: a10.homes e vivacanada.net

0 comentarios