CANTO SABES DA LITERATURA ESPAÑOLA? VIII
Continúo coa serie adicada á Liretatura Española. A literatura é un dos ámbitos que máis destacaron en España, e é que o noso país tivo grandes escritores e escritoras recoñecid@s internacionalmente en cada século da historia, nunha ampla variedade de xéneros entre narrativa, teatro, poesía ou ensaio, así como movementos que penetraron no noso país como o Romanticismo, o Neoclasicismo ou o Modernismo.
A contestación correcta á pregunta de onte é Clarín (Leopoldo Alas). Leopoldo Alas Ureña, coñecido como "Clarín" (Zamora, 25 de abril de 1852-Oviedo, 13 de xuño de 1901), célebre escritor e xurista español. A novela, La Regenta, publicada en 1884, cuxa acción transcorre en Vetusta, unha cidade provinciana española tras cuxo nome enmascarou Clarín á capital asturiana, Oviedo, só puido ser publicada en Barcelona (Daniel Cortezo e Cía.), xa que constituíu un verdadeiro escándalo no seu momento, sobre todo en Oviedo, onde o bispo da cidade, Ramón Martínez Vigil, publicou na súa contra unha pastoral que mereceu unha réplica de Clarín. A novela, narra a historia de Ana Ozores, unha moza e bela muller atrapada nun matrimonio sen amor co rexente da cidade de Vetusta, un home maior e severo. A pesar da súa aparente respectabilidade, Ana sofre unha intensa axitación emocional e espiritual, loitando cos seus desexos e unha crecente sensación de illamento. Convértese no obxecto de desexo de dous homes: o carismático e moralmente ambiguo Don Álvaro, e o devoto pero reprimido sacerdote Fermín de Pas. Atrapada entre estas influencias conflitivas, o conflito interno de Ana intensifícase, levándoa a unha crise de fe e identidade. A novela explora temas de presión social, represión, hipocrisía e as tensións entre os desexos privados e as expectativas públicas, ofrecendo unha aguda crítica do tecido moral e relixioso da sociedade española.
E imos coa pregunta de hoxe!
8. Cal é unha das características principais do Romanticismo español?
- Defensa da razón e a orde clásica
- Exaltación dos sentimentos e a liberdade individual
- Imitación estrita de modelos franceses
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Idea orixinal larazon.es/cultura, es.wikipedia.org e propia Imaxes: es.wikipedia.org e miaulaabierta.wordpress.com
0 comentarios