Blogia
vgomez

CANTO SABES DOS PAÍSES BAIXOS? III

Continúo coa serie adicada aos Países Baixos (Nederland), localizados no noroeste de Europa, sendo un dos vintesete estados soberanos que forman a Unión Europea é que desde o 1 de xaneiro de 2020 deixouse de chamar Holanda.

A contestación correcta á pregunta de hoxe é Os municipios especiais de Bonaire e Saba e San Eustaquio. Bonaire é un municipio especial que abrangue a illa homónima e a deshabitada illa de Klein. Está situada no sur do mar Caribe, fronte á costa occidental de Venezuela. Saba é unha pequena illa (13 km²) que constitúe un municipio especial a uns 250 km. ao sueste de Porto Rico. San Eustaquio, tamén coñecido localmente como Statia é unha illa das Antillas Holandesas que forma parte do arquipélago das Illas de Barlovento, que á súa vez forman parte das Antillas Menores, e ten 21 km².

 

E imos coa pregunta de hoxe!

3. Cal é a capital de Países Baixos?

- Eindhoven

- Utrecht

- Róterdam

- Ámsterdam

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: gl.wikipedia.org           Imaxes: es.wikipedia.org

0 comentarios