Blogia
vgomez

CANTO SABES DOS PAÍSES BAIXOS? IV

Continúo coa serie adicada aos Países Baixos (Nederland), localizados no noroeste de Europa, sendo un dos vintesete estados soberanos que forman a Unión Europea é que desde o 1 de xaneiro de 2020 deixouse de chamar Holanda.

A contestación correcta á pregunta de hoxe é Ámsterdam. É a capital dos Países Baixos. A cidade está situada entre a baía do IJ, ao norte, e ás beiras do río Amstel, ao sueste. Con todo, a organización e a administración do Reino radican na Haia, sede oficial da monarquía, así como das súas autoridades executivas, lexislativas e xudiciais.

E imos coa pregunta de hoxe!

4. Cal é a bandeira dos Países Baixos?

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org           Imaxes: es.wikipedia.org

0 comentarios