CANTO SABES DE BÉLXICA? XI
Continúo coa serie, adicada a Bélxica, un país pequeno pero cheo de historia e cultura. Situado no noreste de Europa é un dos vinte e sete Estados soberanos que forman a Unión Europea. Ademais, é o fogar da Unión Europea e a OTAN.
A contestación correcta á pregunta de onte é Escalda. Escalda (200 km en Bélxica, 350 km en total), o Mosa (183 km en Bélxica, 925 km en total) e o Yser (50 km en Bélxica, 78 km en total). Os tres teñen a súa orixe en Francia e os tres desembocan no mar do Norte, aínda que o Yser é o único que desagua directamente por territorio belga ao mar.
E imos coa pregunta de hoxe!
11. Cal é o lago máis grande de Bélxica?
- Genval
- Bütgenbach
- Gileppe
- Plate Taille
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: proyectos-derecho.ufm.edu e alltrails.com/es
0 comentarios