Blogia
vgomez

CANTO SABES DE BÉLXICA? XII

Continúo coa serie adicada a Bélxica, un país pequeno pero cheo de historia e cultura. Situado no noreste de Europa é un dos vinte e sete Estados soberanos que forman a Unión Europea. Ademais, é o fogar da Unión Europea e a OTAN.

A contestación correcta á pregunta de onte é Plate Taille. É o lago máis grande de Bélxica, un encoro artificial no conxunto dos lagos do Eau d’Heure, dacabalo entre as provincias de Hainaut e Namur. Construída en 1977, esta presa ten unha lonxitude de crista de 790 metros e unha superficie de 389 hectárea.

E imos coa pregunta de hoxe!

12. Manneken Pis é unha estatua de bronce situada no centro histórico de Bruxelas (Bélxica) e presenta a un neno pequeno espido ouriñando dentro do cunco da fonte. Paro cal é o seu tamaño?

- 45,5 cm

- 65,5 cm

- 1 m

- 1,5 m

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org        Imaxes: visithainaut-be.translate.goog e es.wikipedia.org 

0 comentarios