Blogia
vgomez

CANTO SABES DE MARROCOS? VI

Continúo coa serie adicada a Marrocos, un país ao que moitos chaman a porta a África. É o país veciño alén do mar, que é realmente sorprendente, é cor, cheiro, sabor, grandes montañas, deserto, mar e medinas, tranquilidade e caos…

A contestación correcta á pregunta onte é Tubqal.  É o pico máis alto de Marrocos e de toda África do Norte. Está situado no Atlas, acadando os 4.165 m s. n. m. É un dos poucos picos do país no que se pode atopar neve, que cobre a súa cima a maior parte do ano.

 

E imos coa pregunta de hoxe!

6. Cal é o maior río de Marrocos?

- Sus

- Muluya

- Oum Er-Rbia

- Draa

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxes: twitter.com/aprendegeo e es.wikipedia.org



0 comentarios