Blogia
vgomez

OS 10 AVANCES DA CIENCIA GALEGA DE 2023 (IV)

Foron moitas as investigacións con selo galego que merecen revelancia este ano, algunhas delas foron portada das revistas científicas máis prestixiosas e outras tantas deron a volta ao mundo, facendo resoar nomes de científicos e científicas galegos que acadan unha gran influencia fóra de Galicia. Continúo cos dez avances da ciencia galega de 2023.

7. Test rápidos: celiaquía e herpes

Os test de autodiagnóstico popularizáronse coa chegada do coranavirus, pero a súa aplicación non se limita só a iso. Neste senso, investigadores galegos deseñaron este ano dous salientables: un para diagnosticar a celiaquía e outro para o herpes.

O diagnóstico actual para a celiquía conleva probas invasivas e é probable que tarde unha media de entre seis e dez anos. Contra iso, un equipo de investigadores galegos formado por Daniel Abella López, investigador asociado ao Centro de Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) da Universidade de Santiago (USC), Adrián López Teijeiro, tamén do CiQUS, e Alejandro Failde Fiestras, vinculado ao Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS), deseñou un prototipo de test rápido que podería diagnosticar esta enfermidade en tan só 20 minutos.

Pola outra banda, o equipo liderado polo científico Cesar de la Fuente deseñou un test que cun biosensor é capaz de detectar o virus do herpes cunha precisión do 95% e tan só en nove minutos. A infección do virus do herpes simple tipo 2 (VHS-2) segue a ser unha afección que se arrasta toda a vida e que ten un impacto xeralizado. Malia iso, todavía non se conta cun dispositivo de diagnóstico fiable para detectar con precisión os antíxenos do VHS-2. Neste contexto, o equipo conseguiu crear un biosensor de baixo custo, prometedor para a detección do herpes e para permitir as intervencións oportunas.

O equipo de César de la Fuente deseña un test rápido para diagnosticar o herpes

8. Predicir reacídas en pacientes con cancro

Un novo sistema galego basado na intelixencia artificial é capaz de predicir recaídas en pacientes que padeceron cancro de colon e mama. O equipo desenvolveu este sistema ao longo de tres anos e no mes de febreiro presentou os seus primeiros resultados clínicos. A clave do seu modelo: o uso de imaxes de biopsias líquidas, para así identificar automaticamente células tumorais circulantes en mostras de sangue. Este modelo naceu ao abeiro do proxecto Persist, capitaneado polo centro tecnolóxico galego Gradiant.

Presentación do proxecto Persist en febreiro

Continuará...

FONTE: gciencia.com

0 comentarios