Blogia
vgomez

NGC 1566: GALAXIA DO BAILRÍN ESPAÑOL

Galaxia do bailarín español: NGC 1566 / NASA

NGC 1566, popularmente coñecida como a galaxia do bailarín español, atópase a 60 millóns de anos luz de distancia da Terra na constelación do Dorado. É unha das galaxias máis espectaculares e especiais que podemos atopar no ceo, xa que se trata dunha galaxia espiral cuxos brazos xiratorios de estrelas parecen unha persoa bailando flamenco. Dicimos tamén que é unha das galaxias visualmente máis rechamantes porque, a diferenza doutros corpos celestes, NGC 1566 vese de fronte, o que fai que os seus brazos avultados e espirais sexan claramente visibles aquí na Terra (grazas a que se ve de fronte desde a perspectiva da nosa Vía Láctea).

Nesta galaxia habitan miles de millóns de estrelas e os dous elegantes brazos espirais desta galaxia esténdense ao longo de 100.000 anos luz, trazados por brillantes cúmulos de estrelas azuis, rexións rosadas de formación de estrelas e arremuiñados carrís de po cósmico. Cada arco dá media volta de principio a fin, asemellándose á forma en movemento dun bailarín, segundo un comunicado da Axencia Espacial Europea (ESA).

Esta galaxia espiral, tamén coñecida como LEDA 14897, ESO 157-20 ou RBS 534 ou NGC 1566, é membro do grupo de galaxias Dorado e foi descuberta polo astrónomo escocés James Dunlop o 28 de maio de 1826. "NGC 1566 é unha galaxia espiral debilmente barrada ou intermedia, o que significa que non ten unha estrutura en forma de barra claramente presente ou claramente ausente no seu centro", dixeron os astrónomos do Hubble. "A galaxia debe o seu alcume ás vívidas e dramáticas liñas arremuiñadas dos seus brazos espirais, que poderían evocar as formas e cores da forma en movemento dun bailarín".

FONTE: Srah Romero/muyinteresante.es

0 comentarios