Blogia
vgomez

ADIVIÑA O CIENTÍFICO IX

Continúo coa serie adicada aos científicos, que co seu celo, paixón, dedicación, traballo duro e esforzo axudoulles a descubrir algo novo sobre o mundo en que vivimos.

A contestación correcta á pregunta de onte é Marie Curie. Maria Salomea Skłodowska-Curie, máis coñecida como Marie Curie, nada en Varsovia o 7 de novembro de 1867 e finada en Passy, Francia, o 4 de xullo de 1934, foi unha física e química polonesa nacionalizada francesa. Pioneira no campo da radioactividade, foi a primeira muller en recibir un premio Nobel, a primeira persoa e a única muller en recibir dous premios Nobel, sendo ata o momento a única persoa en recibir o premio Nobel en distintas categorías científicas (Física,1903 e Química,1911). Referente a curiosidade da alimentación, temos que remontanos á chegada a París. A súa irmá casouse e acolleuna nunha casa, a súa casa, na que eran frecuentes as reunións con xente en grao sumo variado. Pero Marie viu a necesidade de adoptar un estilo de vida moito máis austero e solitario. Enseguida alugou unha bufarda no Barrio Latino, evitou calquera distracción e púxose ao choio: tiña que poñerse á altura dos seus compañeiros de estudos. E non só fíxoo, senón que, a pesar das dificultades económicas que lle obrigaron a alimentarse case exclusivamente de pan, té quente e manteiga, logrou licenciarse co número uno da súa promoción en Ciencias Físicas.



E imos coa pregunta de hoxe!

9. Quen formulou o principio de incerteza, concepto que revolucionou a física cuántica?

- Werner Karl Heisenberg

- Michael Faraday

-Pierre Simon Laplace

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es e es.wikipedia.org     Imaxes: es.wikipedia.org e muyinteresante.es

0 comentarios