Blogia
vgomez

ADIVIÑA O CIENTÍFICO XIII

Continúo coa serie adicada aos científicos, que co seu celo, paixón, dedicación, traballo duro e esforzo axudoulles a descubrir algo novo sobre o mundo en que vivimos.

A contestación correcta á pregunta de onte é Gregor Mendel. Nado en Heinzendorf o 20 de xullo de 1822 e finado o 6 de xaneiro de 1884 en Brno, foi un monxe agostiño católico e naturalista que describiu as chamadas Leis de Mendel que rexen a herdanza xenética, por medio dos traballos que levou a cabo con diferentes variedades da planta do chícharo (Pisum sativum). Os primeiros traballos en xenética foron realizados por Mendel. Inicialmente realizou cruces de sementes, as cales tiveron a particularidade de saír de diferentes estilos e algunhas da súa mesma forma. Nos seus resultados atopou caracteres como os dominantes que se caracterizan por determinar o efecto dun xene e os recesivos por non ter efecto xenético sobre unha persoa heterocigota.

E imos coa pregunta de hoxe!

13. Quen dixo Eppur se muove (’e, con todo, móvese’)?

- Giordiano Bruno

- Isaac Newton

- Galileo Galilei

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Adaptación propia de Sarah Romero/muyinteresante.es e  es.wikipedia.org       Imaxes: es.wikipedia.org

0 comentarios