Blogia
vgomez

ADIVIÑA O CIENTÍFICO XIV

Continúo coa serie adicada aos científicos, que co seu celo, paixón, dedicación, traballo duro e esforzo axudoulles a descubrir algo novo sobre o mundo en que vivimos.

A contestación correcta á pregunta de onte é Galileo Galilei. Nado en Pisa o 15 de febreiro de 1564 e finado en Arcetri o 8 de xaneiro de 1642, foi un astrónomo Italiano, filósofo, e físico, asociado coa revolución científica. Eppur se muove (’e, con todo, móvese’) é a hipotética frase en italiano que, segundo a tradición, Galileo Galilei pronunciaría despois de abxurar da visión heliocéntrica do mundo ante o tribunal da Santa Inquisición en 1633. Na actualidade, esta frase úsase para expresar que, aínda que se negue a veracidade dun feito, este feito é verídico.

E imos coa pregunta de hoxe!

14. Quen foi a primeira muller en descubri un cometa (descubriu oito)?

- Caroline Herschel

- Nattie Stevens

- Jocelyn Bell Burnell

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es e muyinteresante.es    Imaxes: es.wikipedia.org

0 comentarios