Blogia
vgomez

ADIVIÑA O CIENTÍFICO XVI (FIN)

Remato coa serie adicada aos científicos, que co seu celo, paixón, dedicación, traballo duro e esforzo axudoulles a descubrir algo novo sobre o mundo en que vivimos.

A contestación correcta á pregunta de onte, e última da serie, é Antonio Meucci. Antonio Santi Giuseppe Meucci, nado en Florencia o 13 de abril de 1808 e finado en Nova York o 18 de outubro de 1889, foi un inventor italiano, coñecido como o creador do teléfono.

En 1856 Meucci construíu un teléfono eletromagnético para conectar o seu escritorio co seu cuarto localizado no segundo andar, por causa do reumatismo da súa esposa. Pero, debido a dificultades financeiras, Meucci apenas conseguiu pagar a patente da súa invención. Acabou vendendo o prototipo do teléfono a Alexander Graham Bell, que en 1876  patentouno como invención súa. Meucci denunciouno, mais acabou falecendo durante o xuízo e o caso foi cerrado. Así, Bell foi considerado durante moitos anos como inventor do teléfono, mais o traballo de Meucci foi recoñecido postumamente o 11 de xuño de 2002 cando o Congreso dos Estados Unidos aprobou a resolución Nº. 269 na cal se recoñeceu que o inventor do teléfono foi, na realidade, Meucci e non Alexander Graham Bell.

E así remato esta serie, que seguro que terá continuidade, e que tratou de pór en valor aos científicos/as, que na súa vida soportaron penurias e duificultades.

Ata a próxima serie!

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es e  es.wikipedia.org     Imaxes: es.wikipedia.org

0 comentarios