Blogia
vgomez

CANTO SABES DE BULGARIA? XI

Continúo coa serie adicada a Bulgaria, un país situado ao sur de Europa, un dos vinte e sete Estados soberanos que forman a Unión Europea. Ademais da gran beleza de moitos dos seus lugares, e da importancia da natureza en todo o seu territorio, destaca pola súa gran riqueza cultural declarado parte do Patrimonio Cultural pola UNESCO.

A contestación correcta á pregunta de onte é República. Bulgaria é unha república parlamentaria. O xefe do Goberno, o primeiro ministro, ostenta o cargo máis importante do poder executivo. O xefe do Estado, o presidente, ten poderes de representación e poderes limitados de veto. Bulgaria é un Estado unitario cunha estrutura centralizada.

Rumen Gueorguiev Radev (Presidente) e Nikolai Denkov Denkov (Primeiro Ministro)

E imos coa pregunta de hoxe!

11. Cantas provincias ten Bulgaria?

- 18

- 28

- 38

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org             Imaxes: es.wikipedia.org

0 comentarios