Blogia
vgomez

UN VELLO SATÉLITE EUROPEO DE DÚAS TONELADAS E MEDIA CAERÁ SOBRE A TERRA NAS PRÓXIMAS HORAS

ERS-2 / ESA

En abril do 1.194, a Axencia Espacial Europea (ESA) enviaba ao espazo un satélite de case tres toneladas. Chamado ERS-2, era o máis sofisticado na súa clase, e o ’irmán’ mellorado do ERS-1, lanzado tres anos antes. Desde entón formaron un exitoso dúo que axudou a coñecer desde como se reduciu o xeo nos casquetes polares á situación dun terreo tras unha gran inundación. Unha dupla pioneira que tamén revelou os primeiros signos de alarma do cambio climático antes mesmo de que o termo se fixese tan popular como agora.

Aínda que estaba previsto que só funcionase durante tres anos, a súa vida útil alongouse ata 2011, captando información esencial da Terra durante dezaseis anos. A súa misión terminou entón, aínda que desde a ESA pensaron que, co que quedaba de combustible, poderían darlle un final digno ao seu servizo e non deixalo flotando entre o lixo espacial de forma case indefinida. Así, executaron un total de 66 manobras que lle levaron nun ano para baixar dos case 800 quilómetros de altura ata os 570. Aí acabouse o seu combustible, pero a gravidade seguiu empuxándoo cara a nós. 

Nos seguintes anos, ERS-2 foi baixando gradualmente, ata estar por baixo dos 500 quilómetros. Agora alcanzou un punto de inflexión polo que a súa traxectoria acelerarase de forma incremental nas próximas horas, estrelándose inevitablemente contra a nosa atmosfera, siuando a súa caída ao mediodía do mércores, 13.10 hora española, aínda que existe unha pinza entre última hora da mañá do martes e tarde do xoves). Este voo incontrolado, do que non saberemos o seu destino final sobre a Terra ata unhas 24 horas antes do desenlace, está a ser monitorizado pola ESA en tempo real.

Que todo vaia ben e non cause danos!

FONTE: Patricia Biosca/abc.es/ciencia      Imaxe: ESA

0 comentarios