Blogia
vgomez

CANTO SABES DAS FILIPINAS? VIII

Continúo coa serie, adicada ás Filipinas, ese país insular situado no Sueste Asiático, sobre o océano Pacífico e formado por 7.641 illas.

A contestación correcta a pregunta de onte é 17. A saber: Bícol, Bisayas Centrais, Bisayas Occidentais, Bisayas Orientaiss, Cagayán, Calabarzón, Caraga, La Cordillera, Dávao, Gran Manila, Ilocos, Luzón Central, Mindanao Central, Mindanao do Norte, Nación Mora, Tagalas Sudoccidentais e Zamboanga.  Á súa vez, estas, divídense en 80 provincias, 138 cidades, 1.496 municipios e 42.025 barangays (barrio, a menor unidade de goberno local).

E imos coa pregunta de hoxe!

8. Cal é a forma de goberno de Filipinas?

- Ditadura

- Monarquía

- República

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxes: es.wikipedia.org

0 comentarios