CANTO SABES DAS FILIPINAS? X
Continúo coa serie, adicada ás Filipinas, ese país insular situado no Sueste Asiático, sobre o océano Pacífico e formado por 7.641 illas.
A contestación correcta a pregunta de onte é Monte Apo. Este monte é un gran estratovolcán de Filipinas, que se atopa na illa de Mindanao. Chega aos 2.953 m s. n. m. co que é o punto máis alto do país. É unha montaña coroada con tres picos, e no máis alto hai un ancho cráter volcánico (de aproximadamente 500 m de diámetro) que contén un pequeno estanque de auga. Este volcán é unha fonte de enerxía xeotérmica. A data da súa última erupción é descoñecida.
E imos coa pregunta de hoxe!
10. Cal é o ríos maís grande e longo de Filipinas?
- Río Agusan
- Río Grande de Mindanao
- Río Grande de Cagayán
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: es.wikipedia.org e 7641islands.ph
0 comentarios