Blogia
vgomez

CANTO SABES DAS FILIPINAS? XII

Continúo coa serie, adicada ás Filipinas, ese país insular situado no Sueste Asiático, sobre o océano Pacífico e formado por 7.641 illas.

A contestación correcta a pregunta de onte é Lagoa de Bay. É o lago máis grande de Filipinas,​ e o segundo lago de auga doce terra dentro no sueste asiático, despois do lago Toba, en Sumatra, Indonesia. Está localizado na illa de Luzón, entre as provincias da Lagoa (ao sur) e Rizal (ao norte). A súa superficie é de 949 km², e ten unha profundidade media de só 2 m. O lago ten unha forma parecida a un W, con dúas penínsulas saíndo da costa norte. A parte central da lagoa é formada por unha caldeira volcánica mergullada. A Lagoa de Baý drena cara á baía de Manila, a través do río Pasig.

E imos coa pregunta de hoxe!

12. Cal é a moeda oficial de Filipinas?

- Rupia

- Peso

- Renminbi

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxes: es.wikipedia.org e es.topasiatour.com

0 comentarios